Microsoft poderá adquirir o negocio de busca de Yahoo!

venres, 19 de febreiro do 2010

A Comisión Europea finalmente autorizou a adquisición do negocio de busca de Yahoo! por parte de Microsoft tras constatar que tal operación non terá un impacto negativo, senón que permitirá que Microsoft compita de xeito máis eficaz con Google, buscador que acapara o 90% do negocio das buscas dentro da Unión Europea. O Departamento de Xustiza de EE.UU. tamén manifestouse no mesmo sentido, polo que en breve concretarase a alianza entre as dúas empresas norteamericanas.

PUBLICIDADE