Microsoft poderÃa volver ao mercado das webcams en 2019
luns, 24 de decembro do 2018
- Algunhas das últimas webcams comercializadas por Microsoft
Xa hai bastantes anos do lanzamento das últimas
webcams da
familia LifeCam de Microsoft, en boa medida porque este accesorio foi
perdendo peso por estar xa integradas en equipos portátiles, pero nos últimos
anos as retransmisións de partidas de videoxogos en liña en plataformas como
Twitch volver a pór de actualidade este tipo de periféricos, e incluso a Xbox
One incorporou o soporte de webcams USB, de aà que resulte interesante que
transcendese que Microsoft
estarÃa a preparar unha nova familia de webcams para 2019.
Ao parecer, a compañÃa de Redmond estarÃa a preparar o lanzamento dunha serie
de cámaras web para o ano que vén, que contarÃan con resolución de vÃdeo 4K e
funcionarÃan tanto en Windows 10 como en Xbox One. Aparte do seu uso para
realizar retransmisións de vÃdeo, en Windows 10 estas cámaras serÃan
interesantes porque, ao seren compatibles con Windows Hello, permitirÃan o
desbloqueo dos equipos informáticos mediante o recoñecemento facial
(funcionalidade á que o público está a afacerse grazas aos móbiles, e que
actualmente teñen numerosos portátiles como os da familia Surface).
No caso da Xbox One estas novas cámaras recuperarÃan tamén a función de
desbloqueo mediante recoñecemento facial da que xa contaban coa cámara de
Kinect, sendo capaz de recoñecer a varios usuarios e iniciar a sesión concretamente
do que estea en fronte da consola.
Os rumores apuntan a que as novas webcams estarÃan relacionadas dalgún xeito co
Surface
Hub 2, equipo ao que se conectarÃa por USB-C (e que incluso soportarÃa
varias cámaras á vez), polo que non queda claro se finalmente estaremos ante
unhas cámaras destinadas unicamente ao mercado profesional.