Microsoft porá á venda o Surface 2 e o Surface Pro 2 o 22 de outubro
luns, 23 de setembro do 2013
Deseñando e fabricando os tablets da familia Surface dende
Microsoft buscaban marcar o camiño a seguir por parte dos fabricantes de
hardware de cara a unha boa integración de Windows 8 e Windows RT, e agora que
estamos ás portas do lanzamento oficial de Windows 8.1 e Windows RT 8.1 a compañÃa de Redmond anunciou
en New York unha nova xeración dos seus tablets, que o vindeiro 22 de
outubro sairán á venda en 22 paÃses entre os que desta volta estará incluÃdo
España (de xeito que non teremos que agardar varios meses para gozar desta
serie de dispositivos insignia).
Con Surface 2 e Surface Pro 2 temos unha actualización do que xa habÃa no
mercado, incrementando a súa potencia de procesamento e a súa autonomÃa, xunto
con outras melloras na resolución das súas pantallas e cámaras e incluso unha
evolución do seu pé abatible (Kickstand) que agora soporta 2 ángulos distintos
para darlles unha maior versatilidade no escritorio.
Para animar a xente a adquirir un destes novos produtos, dende Microsoft queren
dotalos de valor engadido, e os compradores poderán gozar de chamadas de balde
a teléfonos fixos a través de Skype durante un ano, acceso de balde á Rede a
través dunha rede de máis de 2 millóns de puntos de acceso de todo o mundo e
200 Gb de almacenamento de balde en Skydrive durante 2 anos.
Surface 2 con Windows RT 8.1
O Surface 2 é u sucesor do Surface RT, e chegará cun procesador nVIDIA Tegra 4, cunha pantalla Full HD de 10,6 polgadas, porto USB 3.0, cámaras de 5 e 3,5 MpÃxeles (que poden capturar vÃdeo Full HD), unha autonomÃa de ata 10 horas de reprodución de vÃdeo e mesmo chega a reducir lixeiramente o seu grosor e o seu peso. Funcionará con Windows RT 8.1 (incluÃndo Outlook 2013 RT) e venderase con capacidades de almacenamento de 32 e 64 Gb por un prezo que parte dos 429 euros.
Surface Pro 2
Pola súa banda a Surface Pro 2 chega como unha auténtica alternativa a un ordenador portátil, pois funciona con Windows 8.1 e un procesador Intel Core i5 de cuarta xeración, sendo capaz de funcionar con aplicacións de Windows normais (asà como coa versión completa de Microsoft Office) que desta volta incrementou a súa autonomÃa un 60%. Venderase en configuracións con 64/128 Gb de almacenamento interno e 4 Gb de RAM ou con 256 e 512 Gb de almacenamento interno e 8 Gb de RAM, partindo o seu prezo de 879 euros.
Novos accesorios
A renovación dos Surface tamén supón a actualización dos seus accesorios, de
xeito que teremos unha Funda Táctil 2 por 119,99 euros (máis delgada e lixeira
que a súa predecesora), unha Funda con Teclado 2 por 129,99 euros (agora con
retroiluminación, mantendo o grosor e o peso), unha Funda de Alimentación (versión
da Funda con Teclado 2 que integrará unha baterÃa no seu interior para ampliar
a autonomÃa dos Surface), un adaptador sen fÃos para a Funda con Teclado 2 (que
facilita que poida controlarse o tablet a distancia), unha versión do Arc Touch
Mouse (que adapta a súa estética para casar ben cos Surface) e unha Base de
Acomplamento (que facilitará a conexión dun monitor externo, Ethernet,
altofalantes, un teclado completo, impresora e outros periféricos cando teñamos
o Surface Pro 2 no escritorio, e que porase tamén á venda a primeiros de 2014).
VÃdeo de presentación dos novos Surface