Microsoft prepara a volta de Call of Duty ás consolas de Nintendo
mércores, 7 de decembro do 2022
A
primeiros de ano Microsoft sorprendeu anunciando
o peche dun acordo de compra por Activision Blizzard, compañÃa editora de
tÃtulos como Call of Duty ou Warcraft, quedando a operación en
espera de recibir a aprobación das autoridades de competencia, o que está a
resultar máis difÃcil do esperado por mor de presións exercidas por Sony ante
os reguladores, o que levou a Microsoft a insistir en que seguirán
publicando versións de Call of Duty para consolas PlayStation
durante un mÃnimo de 10 anos (compromiso sen precedentes na industria) e agora
levan este compromiso máis adiante, e anuncian que tamén achegarán durante 10
anos entregas de Call of Duty a consolas de Nintendo, das que están
ausentes dende o lanzamento da Switch.
Phil Spencer, máximo responsable de Xbox, tamén incide no feito de que Microsoft
tamén se compromete a ofrecer os xogos de Call of Duty para PC de xeito simultáneo
na tenda dixital de Valve, Steam, e en Xbox.
Con estes compromisos Microsoft estarÃa buscando despexar toda dúbida que
puidesen ter os reguladores de que a compra de Activision Blizzard non danará a
competencia, xa que a idea de Microsoft non é de deixar de vender xogos para as
consolas da competencia, senón que a versión para a súa consola estea incluÃda no
Game Pass, de xeito que o servizo de subscrición gañe cada vez máis valor,
instando a máis xogadores a subscribirse e apostar por Xbox, simplemente porque
sexa máis atractivo pagar unha mensualidade que ter que pagar o prezo completo dos
xogos de querer gozar dos mesmos dende o seu lanzamento.