Microsoft prepara o seu propio cartón de realidade virtual para smartphones Lumia

luns, 28 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Para facilitar o achegamento á realidade virtual Google distribuíu hai tempo un curioso cartón que tras a súa ensamblaxe permite converter a pantalla dun smartphone nunhas lentes de realidade virtual, aproveitando os sensores de movemento integrados nos teléfonos, e esta solución de baixo custo non parece resultar allea para Microsoft, que agora parece contar coa súa propia solución económica orientada ao desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual, o Microsoft VR Kit, que podemos ver nunha páxina web para promover unha hackatón en Rusia.
Como a solución de Google, desta volta teriamos un accesorio feito de cartón que estaría optimizado para incorporar dentro un smartphone da familia Lumia, para convertelo nunhas lentes de realidade virtual, quedando agora por ver se Microsoft seguirá os pasos de Google e agasallará este kit aos desenvolvedores que acudan a algún dos seus eventos.

PUBLICIDADE