Microsoft prepárase para celebrar os seus 50 anos
luns, 31 de marzo do 2025
- Paul Allen e Bill Gates fundaron Microsoft en 1975
O vindeiro venres é unha data moi especial para Microsoft, pois celebra o 50º aniversario da súa fundación. Foi no ano 1975 cando Bill Gates se xuntou con Paul Allen en Albuquerque para ratificar a creación da empresa Microsoft que lles permitise desenvolver e vender intérpretes de BASIC para o Altair 8800, aÃnda que o éxito da compañÃa chegarÃa co lanzamento do MS-DOS, sistema operativo que imperou nos ordenadores IBM PC e compatibles durante os anos 80, sentando as bases sobre as que logo se construirÃan os grandes piares da compañÃa: Windows e Office.
AÃnda que a Microsoft dos sistemas operativos e o software de oficina foi o que conseguiu levar a compañÃa a converterse no grande referente do sector informático, a chegada da Internet e dos smartphones fixeron que o seu negocio perdese peso económico, o que mudou na última década grazas o xiro de temón da compañÃa para apostar decididamente polos servizos e a computación na nube, sendo actualmente un dos actores máis importantes da industria a nivel mundial.
O cambio de enfoque non fai que Microsoft renuncie ao seu pasado, e por iso están a ofrecer aos usuarios nostálxicos (e pouco pudorosos, dada a discutible estética) unha serie de recursos cos que poden celebrar os 50 anos da compañÃa, como fondos para empregar nas xuntanzas de Meet, fondos de pantalla para o ordenador e o móbil, deseños para facilitar a creación de vÃdeos conmemorativos en Clipchamp e incluso unha sección na súa tenda de mercadotecnia con camisetas, suadoiros, insignias, parches e bolsas cos que celebrar o medio século da compañÃa de Redmond.