Microsoft presenta 3 novas webcams con tecnoloxía TruColor
martes, 16 de marzo do 2010
Aínda que non
sexa a liña de produtos máis coñecida de Microsoft, a compañía de Redmond
continúa a presentar novos accesorios informáticos, dando
a coñecer hoxe mesmos 3 novas cámaras web con tecnoloxía TrueColor,
que achegan un brillo e cor de calidade superior incluso en malas condicións de
iluminación.
Esta nova tecnoloxía adapta a calidade das imaxes á iluminación, e detecta as
caras das persoas para asegurarse que reciben as exposición de luz axeitada
durante unha videoconferencia.
A primeira destas novas webcams é a LifeCam
HD-5000, que permite captar vídeo panorámico en alta definición
(720p) con enfoque automático, o que son unhas prestacións bastante avanzadas
para unha cámara que porase á venda a finais de mes por 49,95 dólares. Conta
cunha base flexible que facilita a súa colocación sobre o escritorio e tamén
terá unha versión en cor branca que responde ao nome de LifeCam
HD-5001.
Os usuarios de portátiles, en cambio, podería optar por facerse cunha LifeCam
HD -6000, que tamén grava vídeo panorámico a 720p e destaca por ter
un ángulo de rotación de 360 graos. Esta cámara pode conectarse de xeito doado
á pantalla dun ordenador portátil (ou a outra pantalla TFT) e porase á venda en
maio por 59,95 dólares.