Microsoft presenta a súa baterÃa externa portátil máis potente
xoves, 2 de outubro do 2014
Nos últimos anos Nokia comercializou numerosas baterÃas
externas para dispositivos móbiles, pero agora que a compañÃa forma parte de
Microsoft comezan a abandonar a marca finlandesa, de xeito que a súa nova
baterÃa portátil recibe por nome Microsoft Portable
Power (ou DC-21), e trátase dunha baterÃa cunha capacidade de 6.000 mAh,
que pode cargarse até o 80% en 3 horas e totalmente en 4 horas, destacando
especialmente por ofrecer unha saÃda de corrente por micro USB de até 1,5
amperes, de xeito que cargarÃa smartphones á mesma velocidade cun cargador de
parede. Porase á venda este mesmo mes a un prezo de 39 euros.
Esta baterÃa externa que comercialÃzase en cor laranxa, verde ou branca mide
99,5 x 43,9 x 25,4 milÃmetros, pesa 145 gramos e inclúe un cable de 25
centÃmetros. O dispositivo presume dun reducido consumo en espera, de xeito que
poderÃa manter a súa carga durante meses, comentando dende Microsoft que tras
6 meses poderÃa chegar a conservar até o 80% da súa carga, de xeito que reduce
a posibilidade de deixar tirado ao usuario no momento no que máis precisa unha
recarga en mobilidade.
O Microsoft Portable Power pode cargarse á vez que ten un smartphone conectado,
de xeito que dá prioridade á achega de carga ao teléfono, pero que reduce os
tempos de carga de ambos trebellos.
- O novo accesorio chegará ao mercado en 3 cores distintas