Microsoft presenta baterías externas para cargar 2 dispositivos á vez

mércores, 10 de xuño do 2015 Marcus Fernández

As baterías externas de Nokia, deseñadas para poder incrementar a autonomía dos nosos dispositivos móbiles sen ter que depender da presenza dunha toma de corrente nunha parede, foron todo un éxito, e tras a adquisición de Microsoft da división de móbiles da compañía finlandesa, continúa agora a renovar tal liña de produtos, anunciando hoxe unha nova batería externa dispoñible en tres capacidades distintas (5.200 mAh, 9.000 mAh e 12.000 mAh) que chegan xusto a tempo para o verán, cando pode resultar crucial poder recargar os nosos trebellos en mobilidade.
Estas baterías externas de alta capacidade teñen un deseño redondeado para facilitar o seu transporte, poden levarse comodamente en petos e bolsos, e atendendo ao uso de cada vez máis dispositivos, conta con dous portos USB, para poder cargar varios trebellos á vez.
Esta batería ten unha saída de corrente a 2,1 mAh, o que permite a carga rápida de numerosos dispositivos, polo que sería equivalente a empregar un cargador de parede, e como grande vantaxe tería que tras varios meses dende a súa carga é capaz de manter até o 80% da súa capacidade intacta, polo que non habería que estar constantemente pendente de recargala (aínda que tamén conta cun indicador LED para coñecer o seu nivel de carga e así non levar sorpresas desagradables).
As baterías Microsoft DC-32, DC-33, DC-34 terías capacidades de 5.200, 9.000 e 12.000 mAh, lonxitudes de 50, 68,5 e 87 milímetros (o ancho sería de 100 milímetros e o grosor de 25 milímeros) e pesos de 141, 215 e 275 gramos respectivamente.

A batería Microsoft DC-33 ten un deseño que facilita o seu transporte

PUBLICIDADE