Microsoft presenta novos auriculares deseñados para a práctica deportiva

xoves, 26 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Microsoft quere contribuír ao uso dos seus smartphones durante a práctica deportiva, e para facilitar a escoita de música mentres se fai exercicio presentan os novos auriculares Hoop by Coloud, que a parte de ser lixeiros (pesan 20,5 gramos) e venderse en cores que casan ben cos terminais Lumia (estarán dispoñibles en negro, verde e laranxa) son resistentes a salpicaduras, suor e po, conta cun cable optimizado para evitar que se enrede, conta cun recubrimento que reflexa na escuridade (pensando en cando se corre a última hora da tarde) e integra teclas para poder mudar de canción, controlar o volume e responder chamadas telefónicas.
Estes novos auriculares tamén inclúen unha pinza que dificulta que os auriculares escapen da orella mentres corremos, e como principal atractivo teriamos que o seu prezo limitarase a 29 euros. Para dar a coñecer este accesorio para o móbil Microsoft recorreu a tres atletas de sona mundial (Christian Malcolm, Megan Edwards e Jamie Baulch) para probar os auriculares no Centro Nacional Cuberto de Atletismo de Cardiff (Gales), comprobando in situ a idoneidade dos Hoop by Coloud para escoitar música mentres se corre.

A atleta Megan Edwards foi unha das persoas que probou os novos auriculares en Cardiff

PUBLICIDADE