Microsoft presenta novos Surface Pro e Surface Laptop para empresas
xoves, 21 de marzo do 2024
Microsoft celebrou hoxe un evento dixital para clientes e socios para impulsar o que consideran que é a nova era do traballo con Copilot, Windows e un par de novos equipos da familia Surface orientados para o mercado empresarial.
Estamos ante os primeiros equipos Surface para empresas deseñados pensando no uso da intelixencia artificial, de xeito que a Surface Pro 10 for Business e o Surface Laptop 6 for Business incorporan caracterÃsticas demandas polos clientes empresariais como procesadores Intel Core Ultra, unidades de procesamento neuronal para impulsar a experiencias de IA, novas pantallas antirreflexos, integración con lectores NFC e a nova tecla para acceder a Copilot.
O novo teclado Surface Pro tamén desta por mellorar a súa accesibilidade con teclas deseñadas para facilitar a lectura, aÃnda que tamén cómpre salientar que Microsoft vai achegar os seus novos accesorios adaptables a clientes empresariais.
AÃnda que en Europa aÃnda non afondásemos nas posibilidades da IA que ofrece Microsoft, hai territorios nos que leva bastantes meses presente, polo que agora dan datos como que o Copilot para Microsoft 365 está a impulsar a produtividade e a creatividade até o punto de permitir que os usuarios poidan aforrar até 10 horas ao mes, polo que o custo das subscricións deste tipo verÃase sobradamente amortizado, e axuda a percibir a IA como unha ferramenta para o traballo do dÃa a dÃa.
VÃdeo promocional da nova Surface Pro 10 for Business e do Surface Laptop 6 for Business