Microsoft presenta un teclado Bluetooth pensado para o seu uso en tablets
xoves, 15 de decembro do 2011
Para unha cómoda introdución de texto en móbiles e tablets
(con sistemas operativos Windows, iOS ou Android) Microsoft vén de presentar o
seu teclado
Bluetooth Mobile Keyboard 5000, que co seu peso reducido e deseño delgado é
cómodo de transportar. Este accesorio tamén conta cunha fabricación de alta
calidade e a súa forma curvada fai que a postura dos pulsos durante o seu uso
sexa confortable.
Ao optar pola conectividade Bluetooth o
teclado non ocupa un porto USB durante a súa utilización, xa que os equipos
con Bluetooth non precisarán dun receptor adicional para a comunicación co
teclado que funciona con 3 pilas alcalinas AAA, soporta comunicacións Bluetooth
2.0, é compatible cos sistemas operativos Windows XP SP2/Vista/7, Mac OS X
10.4/10.5, iOS 4.2.1 (e superiores) e Android 2.2/3.0/3.1, e estará dispoñible
este mes nos EE.UU. por 49,95 dólares.