Microsoft presenta unha manchea de equipos informáticos e accesorios
xoves, 13 de outubro do 2022
Microsoft presentou
toda unha serie de equipos e accesorios de hardware que irán chegando ao
mercado nos vindeiros meses, e que principalmente veñen a dar continuidade a
equipos anteriores, refinando prestacións e adaptándose ás demandas dos
consumidores. Temos asà como o Surface Laptop 5 e o Surface Pro 9 son equipos
que basicamente collen o relevo dos seus modelos anteriores basicamente
incrementando o seu rendemento até un 50%, mentres que o Surface Studio 2+,
orientado a deseñadores, multiplica por dous o seu rendemento gráfico.
O Surface
Laptop 5 chegará ao mercado o vindeiro dÃa 25 a un prezo que parte dos
1.179 euros, atendendo ás necesidades dos usuarios que precisan de portátiles cun
formato tradicional, aÃnda que cunha pantalla táctil de 13,5 ou 15 polgadas.
Para os que prefiren o formato tableta chega o Surface Pro
9, que verá a luz o 8 de novembro cun prezo que parte dos 1.299 euros, e
desta volta contará con versión con conectividade 5G e procesador Qualcomm SQ 3
(que con 8 GB de RAM e 256 GB de SSD terá un prezo de 1.659 euros).
Os novos Surface
Studio 2+ son equipos moi atractivos para os deseñadores pola súa
versatilidade grazas á súa pantalla táctil abatible de 28 polgadas compatible
co uso de lapis dixitalizador. Estes equipos funcionan cun procesador Intel
Core i7-11370H, 32 GB de RAM, 1 TB de SSD e gráfica nVIDIA GeForce RTX 3060 con
6 GB de GDDR6, e chegarán o 1 de novembro ao mercado a un prezo que parte dos
5.369 euros.
Pero os produtos máis interesantes da presentación de Microsoft serán para
moitos os accesorios que chegarán en breve ao mercado, como as solucións de
accesibilidade que poden contribuÃr a que persoas con eivas fÃsicas poidan manexar
equipos informáticos. Falamos concretamente do novo rato
adaptable de Microsoft e do centro
adaptable de Microsoft, que poden facer as funcións dun rato e dun teclado,
mellorando a accesibilidade dos equipos informáticos grazas aos seus elevados
niveis de personalización.
Para o público máis xeral chegará o Microsoft
Presenter+ (un mando para realizar presentacións en persoa e en xuntanzas
en liña) e o curioso Microsoft
Audio Dock (dispositivo que se conecta por USB-C a un equipo informático ao que incluso pode alimentar electricamente e que pode facer á
vez de concentrador de portos USB e HDMI, de altofalante e de micrófono,
conseguindo asà reducir os cables no escritorio).
- O Microsoft Presenter+ é o novo mando a distancia para realizar presentacións de PowerPoint