Microsoft publica unha breve guía para acelerar Windows Vista

luns, 4 de agosto do 2008

Os usuarios que detecten que o seu ordenador con Windows Vista non fai todo o rápido que debería poden descargar unha guía en PDF de 14 páxinas publicada por Microsoft na que se dan unha serie de consellos sobre a personalización da configuración enerxética, a desactivación de certas funcións que sobrecargan o sistema ou incluso a posibilidade de empregar unha memoria USB compatible con ReadyBoost para acelerar a carga de aplicacións.

PUBLICIDADE