Microsoft quere facer os xogos máis inmersivos coa tecnoloxÃa IllumiRoom
xoves, 10 de xaneiro do 2013

- Kinect serve para analizar a xeometrÃa do contorno do televisor
Tras o lanzamento de Kinect dende Microsoft deixaron claro
que queda espazo para a innovación nos videoxogos, e agora, dende Microsoft
Research están a sorprender ao mundo cunha nova proba de concepto chamada
IllumiRoom e que consiste en aproveitar a tecnoloxÃa de Kinect (para
analizar a xeometrÃa do noso salón) xunto a un proxector para espallar a imaxe
do televisor ao que teñamos a consola de videoxogos para espallar a súa imaxe
ao seu contorno, creando unha experiencia moito máis inmersiva.

- IllumiRoom leva o xogo fóra do marco do televisor
Este concepto pode lembrarnos á tecnoloxÃa Ambilight de Philips, que proxectaba
luz dunha cor adaptable aos contidos do televisor dende o seu marco, pero desta
volta mudarÃase a aparencia de toda unha parte da habitación, servindo para
ampliar o mundo reflexado na pantalla ou, simplemente, para axudar a transmitir
os movementos que se vexan na mesma.
Entre as probas realizadas polos desenvolvedores de Microsoft temos que os
disparos dos nosos inimigos poderÃan saÃr da pantalla para perderse no noso
salón, copos de neve poderÃan moverse pola nosa parede se estamos a explorar
unha paraxe nevada e incluso poderiamos ver as partes da cidade que estamos a
percorrer e que non collen dentro do marco do televisor. Un concepto moi
atractivo, que haberá que agardar para ver se verá a luz na vindeira xeración
de consolas de videoxogos.
VÃdeo de presentación da tecnoloxÃa IllumiRoom
