Microsoft quere que regalemos Surface Pro e Xbox One S no Nadal

xoves, 23 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Case todo o comercio español sumouse á febre do Black Friday este ano, e unha compañía que tamén se apuntou este ano en España é Microsoft, que na súa tenda en liña vén de abrir unha sección de ofertas de Black Friday realmente atractivas para os interesados en facerse con produtos das gamas Surface ou Xbox.
Quen desexe unha tableta profesional capaz de funcionar como un ordenador completo con Windows 10, de grande utilidade para os estudios e o traballo, pode atopar un par de lotes de Surface Pro con funda teclado a prezos moi axustados: o modelo con procesador Intel Core M custa 749 euros (o que supón un aforro de 349,99 euros) e a versión con procesador Intel Core i5 véndese a 999 euros (o desconto sería de 299,99 euros). Adicionalmente tamén hai descontos do 30% en varios accesorios.
No caso da consola Xbox One S temos que a versión con disco duro de 500 GB está á venda por 179,99 euros (en lotes con xogos como Assassin’s Creed Origins ou Sombras de Guerra, o que suporía un aforro de 100 euros), reducindo así a porta de entrada a esta plataforma de xogo, mentres que de mercar a Xbox One X cun Elite Controller poderase gozar dun desconto de 25 euros no mando. Durante estas datas os mandos personalizados tamén terán un desconto de 15 euros.
Temos así que Microsoft ofrece até o luns numerosas ofertas que poden ser unha atractivas compras anticipadas de Nadal ou, simplemente, unha boa oportunidade para facerse con produtos polos que xa se ten interese.

Para Microsoft o Surface Pro e a Xbox One S son grandes agasallos de cara ao Nadal

PUBLICIDADE