Miguel Corgos achega consellos de seguridade dixital aos rapaces finalistas de Cibeseguridade no cole!
venres, 7 de novembro do 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, compartiu no marco do Encontro CIBER.gal consellos de seguridade dixital co alumnado finalista do concurso Ciberseguridade no cole!, impulsado por Telefónica. A final do certame celebrouse esta mañá como unha das actividades do V Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal.
O conselleiro compartiu cos rapaces e rapazas unha conversa informal na que se abordaron temas como a mellor maneira de actuar fronte o ciberacoso, como afronta a Xunta as ameazas á seguridade do sistema ou o mellor xeito de concienciar aos máis novos da importancia de protexerse fronte á ciberdelincuencia.
Os estudantes dos centros finalistas que participaron no encontro con Miguel Corgos foron, da categorÃa de primaria, o CPR Plurilingue Calasancias da Coruña, o CPI Plurilingüe do Carballal de Vigo e o CEIP Mestre Vide de Ourense. Da categorÃa de secundaria participaron estudantes dos centros Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, CPR Plurilinüe La Merced de Sarria e CPR Plurilingüe Losada de Vigo.
No concurso, patrocinado por Telefónica no marco do CIBER.gal, participaron escolares de 10 a 14 anos co obxectivo de conciencialos sobre os riscos aos que se enfrontan no uso das tecnoloxÃas dixitais e ensinarlles boas prácticas en ciberseguridade dun xeito ameno.
A V edición de CIBER.gal péchase hoxe, venres, tras reunir a profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, asà como representantes do Parlamento Europeo, do Ministerio de Defensa e do Ministerio de Transformación Dixital, que achegaron a súa visión sobre os novos retos globais en materia de seguridade dixital.
Durante os tres dÃas, grazas á colaboración do INCIBE, o público puido gozar da experiencia itinerante Road Show e visitar un expositor de ciberseguridade interactivo, pensado para achegar coñecementos e boas prácticas a todo tipo de públicos.
