Minecraft Earth pechará en xuño
xoves, 7 de xaneiro do 2021
A finais de 20119
recibimos o xogo móbil Minecraft Earth como unha aplicación free-to-play
na liña de Pokémon Go, pero dado que estamos ante un tÃtulo orientado a
explorar o mundo real e a colaborar con outros usuarios resulta evidente que
non está a funcionar ben no contexto sanitario actual, de aà que decidisen pór
peche a este proxecto, que deixará
de operar no mes de xuño.
Para ir preparando este peche veñen de eliminar da aplicación a posibilidade de
realizar transaccións con cartos reais, reducir drasticamente o prezo dos rubÃs,
incorporar ao xogo todos os contidos que tiñan en carteira, reducir o tempo
preciso para avanzar no xogo e, en definitiva, dar facilidades para que o xogo
poida despedirse deixando un bo sabor de boca ou, cando menos, eliminando os
elementos que incentivaban as compras na aplicación, que non terÃan sentido
cando o xogo ten data de caducidade.
A partir do 1 de xullo será imposible descargar o xogar a Minecraft Earth,
xa que borraranse os datos dos seus servidores. Aos usuarios que fixesen
compras con cartos reais no xogo entregaráselle unha copia de Minecraft.