Minecraft: Education Edition chegará a iPad o mes que vén

luns, 20 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Que o xogo Minecraft sexa de Microsoft non quere dicir que se peche a plataformas da competencia, e hoxe anuncian que a súa versión educativa, con máis de 35 millóns de licenzas en 115 países, vai estar dispoñible a partires de setembro para iPad, facilitando así que os centros educativos que empregan a tableta de Apple poidan impulsar con esta ferramenta as carreiras STEM, fomentar proxectos creativos en distintas educativas e desenvolver habilidades de comunicación, colaboración e cidadanía dixital. Os profesores tamén terán acceso a titoriais e outros recursos de balde a través da web.
Aparte do lanzamento de Minecraft: Education Edition tamén anuncian que as versións de Windows 10 e Xbox de Minecraft poderán facer uso do Pack Chemistry Resource, que a través do menú do xogo permitirá acceder a ese paquete da versión educativa, para poder combinar elementos e compostos e crear novos obxectos. Esta opción estará dispoñible no xogo entrar na creación de novos mundos e activando Educación no menú de Trucos.

PUBLICIDADE