Miniordenador aplicado á videovixilancia

luns, 1 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os mini-barebones de Shuttle son moi populares para montar centros de reprodución multimedia, pero hai outros usos igualmente válidos para este tipo de pequenos ordenadores, e así lanzan o Shuttle D 1416S, que está orientado á videovixilancia, permitindo a visualización de ata 16 cámaras na súa pantalla táctil de 7 polgadas na que podemos elixir a imaxe que queiramos ampliar con só premer sobre a mesma. Tamén inclúe o software preciso para gravar o sinal de vídeo rexistrado, combinándoo con tecnoloxía de detección de movemento (polo que só almacenará datos cando haxa cambios na pantalla).
O equipo tamén se pode conectar a monitores externos de grande tamaño e se pode utilizar coma un PC ordinario, pero o seu uso especializado resulta moi interesante, e este ordenador con procesador Intel Core 2 Duo E7200, 1 Gb de RAM, disco duro de 500 Gb, gravadora de DVD e conectividade Gigabit Ethernet se pode mercar por prezos que parten dos 898 euros + IVE.

O mini-barebone integra unha pantalla táctil de 7 polgadas no seu exterior

PUBLICIDADE