Miquel Serra-Ricart (Observatorio do Teide) e Javier Parra (Alared InTec) coñeceron o potencial do CITIC

mércores, 12 de xullo do 2023 S. P.

O pasado xoves 6 de xuño, a sede do CITIC (Centro de Investigación TIC) na UDC recibiu a visita de Miquel Serra-Ricart, administrador do Observatorio do Teide no Instituto de Astrofísica de Canarias, e Javier Parra, director executivo de Alared InTec, analista de datos e trafficker. Na súa breve estadía, ambos convidados puideron coñecer o potencial do CITIC no desenvolvemento hardware de control de contaminación lumínica, o procesamento Big Data (análise da información a gran escala) e a aplicación de modelos de Intelixencia Artificial para a optimización e o calibrado de sensores.
Durante o traxecto foron acompañados por José Carlos Dafonte Vázquez, investigador principal do proxecto Dark sky for sustainbility with Gaia: ubiquituous sensoring of night sky brightness based on IOT technologies, Daniel Boubeta, membro do equipo de investigación, Alejandro Mosteiro, responsable de Sistemas do CITIC e Javier Pereira, subdirector do CITIC.

PUBLICIDADE