Móbil para facer videochamadas na escuridade
xoves, 2 de xullo do 2009
Samsung vén de introducir no
mercado surcoreano o seu novo terminal de telefonÃa móbil Samsung
SCH-W760, que inclúe unha pantalla AMOLED de 2,8 polgadas con resolución
WQVGA, conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps e Bluetoth, lector de tarxetas
microSD (inclúe unha de 8 Gb), sintonizador de televisión dixital S-DMB (só
dispoñible en Corea), unha cámara de 3 MpÃxeles con flash e a posibilidade de
captar vÃdeo con infravermellos, ou sexa, que funciona como cámara de visión nocturna, prestación moi habitual
nas cámaras de vÃdeo domésticas, pero que sorprende ao incorporarse á cámara
frontal dun móbil para facer videochamadas na escuridade.
O terminal mide 109 x
51.9 x 13.9 milÃmetros, pesa 114 gramos e está á venda por 580.000 wons coreanos
(322,65 euros).