Mobilizarán 10 millóns de euros para a modernización tecnolóxica das PEME
martes, 8 de xullo do 2014
O director do IGAPE, Javier Aguilera, salientou hoxe que os
apoios concedidos ao abeiro do programa
para impulsar a competitividade das PEME galegas do sector servizos mediante a
modernización dos equipamentos tecnolóxicos mobilizarán 10 millóns de euros
en proxectos de preto de 150 empresas, e permitirán a creación ou o mantemento
de máis de 1.700 postos de traballo.
Aguilera destacou que as axudas aprobadas, un total de 4,7
millóns de euros, duplican as concedidas o ano anterior. Subliñou asà mesmo que
por primeira vez neste programa, no ámbito da nova Lei do Emprendemento,
primáronse os proxectos desenvolvidos por empresas novas de ata 42 meses de
funcionamento, unha de cada catro beneficiarias.
Estes apoios, cos que se impulsan proxectos con
investimentos subvencionables entre 30.000€ e 200.000 euros, están
especialmente dirixidos a empresas con vocación de crecemento e capacidade de
modernizarse como medios para aumentar a súa competitividade. Ao mesmo tempo, o
programa ten como finalidade contribuÃr ao crecemento sustentable e, en
consecuencia, favorecer o emprego, con especial incidencia en colectivos que
pertenzan a colectivos de difÃcil inserción, e a xeración de riqueza.
Os proxectos que veñen de ser aprobados impulsarán a
modernización e mellora competitiva de pequenas e medianas empresas do sector
servizos que abranguen áreas de actividade como as TIC e a informática, a
enxeñarÃa, o turismo ou o medio ambiente.
O director do IGAPE informou asà mesmo que, tamén co
obxectivo de impulsar a capacidade de modernización das PEME galegas, veñen de
concederse apoios por máis de 400.000 euros para a organización de 48 encontros
ou xornadas técnicas destinadas á transmisión de técnicas, ferramentas e boas
prácticas nos ámbitos da mellora da competitividade, do emprendemento ou da
internacionalización.