Mochila para o portátil cunha funda para o iPad
martes, 14 de decembro do 2010
Co lanzamento do iPad
moitos fabricantes de accesorios coma maletÃns e fundas puideron aproveitar os
seus deseños para ultraportátiles de baixo custo para o novo dispositivo de
moda, que en moitos casos encaixaba á perfección, pero algunhas compañÃas
optaron por certa innovación e asà agora temos a mochila
Brooklyn, que permite transportar un ordenador portátil de 15 polgadas
(coma un MacBook Pro) e outras cousas que necesitemos, destacando por contar
cun peto exterior que pode acoller un iPad no seu interior e que pode separarse
do resto da mochila para converterse nunha funda de transporte.
A mochila tamén conta con numerosos petos para gardar cables, móbiles,
documentos… e incluso unha botella de auga,
quedando
clara a súa versatilidade. O seu prezo de venda é de 99,99 dólares (74,79
euros).
- A mochila inclúe unha funda para o iPad