Mondariz acolle en setembro un curso de novas tecnoloxías para favorecer a inserción laboral

venres, 8 de agosto do 2025 S. P.

O Concello de Mondariz e Cruz Vermella organizan na recta final do verán un curso de balde sobre novas tecnoloxías e inserción laboral ao servizo da cidadanía en situación de desemprego, orientado a proporcionar recursos á veciñanza para mellorar a súa empregabilidade a través do apoderamento tecnolóxico.
O curso Novas tecnoloxías. Aplicacións prácticas na BAE e a inserción laboral II desenvolverase do 4 ao 19 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 h e contará con 60 horas de formación. As sesións celebraranse na Biblioteca do Concello de Mondariz. Quen precise máis información pode solicitala nas contas ponteareas@cruzroja.es e orientación.mondariz@mondariz.gal, ou no teléfono 986 64 17 94.