Monitor tridimensional de Hyundai
xoves, 12 de xuño do 2008
O fabricante nipón
Hyundai anunciou o lanzamento do seu novo monitor W220S TriDef 3D,
que é unha pantalla LCD panorámica de 22 polgadas cunha resolución de 1.680 x
1.050 pÃxeles, unha relación de contraste de 1.000:1, un brillo de 300 cd/m2,
unha velocidade de resposta de 5 milisegundos e unha peculiar caracterÃstica: permite
ver as imaxes en pantalla en 3 dimensións se nos valemos dunhas
lentes polarizadas.
Polo momento a visualización tridimensional se pode apreciar en aplicacións
coma Google Earth 3D e un par de xogos 3D, pero sorprende por ser un produto
comercial que se venderá dende este venres no Xapón a 98.000 iens (588 euros).
O monitor W220S mide 552 x 195 x 416 milÃmetros, pesa 7,3 quilogramos, conta
con conexións VGA, DVI-D e HDMI e por desgraza ten un ángulo de visión algo
reducido (150 graos en vertical e 160 graos en horizontal).
- As lentes polarizadas incluÃdas co monitor 3D de Hyundai