Monkey Island fusiónase con Sea of Thieves en tres grandes relatos mensuais

venres, 21 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Rare vén de lanzar a primeira entrega de Sea of Thieves: The Legend of Monkey Island, dispoñible de balde para calquera propietario dunha edición de Sea of Thieves en Xbox Series X|S, Xbox One e PC (así como para usuarios de Game Pass). Estamos ante o froito da colaboración entre Rare e Lucasfilm Games que xunta os elencos de Sea of Thieves e dos xogos de Monkey Island, no que entendemos que é unha homenaxe á historia de piratas creada por Ron Gilbert en 1990.
Este Sea of Thieves: The Legend of Monkey Island ofrecerá tres grandes relatos que chegarán en entregas mensuais como actualización de balde, recuperando a Guybrush Threepwood e incluso a pirata pantasma LeChuck, conservando incluso aos seus actores de dobraxe, o que agradecerán moito os amantes desta saga de videoxogos que fixo historia. No xogo poderemos resolver enigmas, dominar o duelo de insultos ou navegar por catacumbas cheas de lava, con Guybrush como guía, achegándonos ao mundo de Monkey Island dun xeito inédito.

Tráiler de lanzamento de Sea of Thieves: The Legend of Monkey Island

PUBLICIDADE