Moonlite converte o flash do smartphone nun proxector de contos para durmir
luns, 12 de decembro do 2016
De cando en vez nas campañas de micromecenado sorpréndennos
con conceptos moi sinxelos que conseguen grande éxito, e iso está a pasar agora
con Moonlite, un proxector de
imaxes que emprega o flash do smartphone como fonte de luz e que serve para
amosar pequenas historias que narrar aos cativos antes de durmir, e que
actualmente pode conseguirse no seu paquete básico por 35 dólares (41,48 euros
con gastos de envÃo incluÃdos) que en poucas horas completou a súa meta de financiamento
en Kickstarter, triplicando xa tal cantidade.
Queda confirmado que estamos ante unha boa idea, que ten bastante demanda
comercial, pese a que estamos ante un accesorio que polo momento só é
compatible con terminais iPhone (a partires do iPhone 6) e Samsung Galaxy S6/S7
e que pretende transformarse en realidade en abril de 2017.
O concepto de Moonlite é moi sinxelo, a que consiste nun accesorio que se
coloca no smartphone, e que aproveita o flash para proxectar sobre a parede ou
o teito unha serie de imaxes que teremos almacenadas nun disco semellante ao
dos visores View-Master, de xeito que podemos xiralo para mudar entre as
distintas imaxes que compoñen unha historia para durmir. Esta experiencia
aproveita que a fonte de luz é un smartphone apra complementarse cunha
aplicación que presenta os contos sincronizados coa imaxe que se vexa en cada
momento e que incluso poden enriquecerse con sons (incluso facerse que a
aplicación lea os contos en voz alta).
Este produto facilita a recuperación de contos populares (Carapuchiña Vermella
ou o Parrulo Feo) e moitas outras historias para durmir ou incluso educativas,
coa posibilidade de crear tamén historias personalizdas (podendo cambiar ao
protagonista para que sexa o cativo ao que se dirixe) e aÃnda que esteamos ante
un produto desenvolvido en inglés, está claro que esta idea é totalmente
internacionalizable, aÃnda que probablemente teremos que agardar a que Moonlite
sexa un produto comercial para velo medrar (sendo bastante probable que
aparezan outros proxectos que repliquen a súa mecánica de funcionamento).