MotorStorm Apocalypse estrea demo para PS3

mércores, 9 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro 17 de marzo chega a Europa o agardado xogo de carreiras fóra de pista exclusivo para PlayStation 3 MotorStorm Apocalypse, que destaca porque os circuítos recorridos mudan por mor da destrución que hai ao noso redor, como pode comprobarse na demo que hoxe está dispoñible para a súa descarga na PlayStation Network, onde tamén hai dispoñibles avatares de PSN e temas dinámicos do xogo.
A demo de MotorStorm Apocalypse permite gozar de 1 dos 40 circuítos do xogo (Mainline: Off The Rails, onde haberá que competir mentres o circuíto padece os danos provocados por un terremoto), 2 das 13 clases de vehículos (supercar e superbike) e incluso de gráficos a 1.080p ou do modo de visión 3D (de contar cun televisor compatible).

Os vehículos compartirán o protagonismo do xogo coa destrución do contorno en MotorStorm Apocalypse
Avatares do novo MotorStorm

PUBLICIDADE