Motorola presenta os seus novos móbiles encartables
xoves, 1 de xuño do 2023
Motorola
presentou hoxe os seus novos
móbiles encartables para o presente ano, o Motorola Razr 40 e 40 Ultra, que
buscan facerse un oco nun segmento dominado claramente pola familia de móbiles
Galaxy Flip de Samsung, para o que teñen un deseño moi atractivo, aÃnda que en
prezo é moi difÃcil que poidan competir coas agresivas promocións da compañÃa
surcoreana.
O Motorola
Razr 40 poderÃa verse como unha actualización continuista do modelo do ano
pasado, cunha pantalla encartable pOLED de 6,7 polgadas, unha pantalla externa
de 1,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 7 Gen 1, 8 GB de RAM, 256 GB de
almacenamento interno, cámara traseira principal de 64 MpÃxeles e cámara
traseira ultra grande angular de 13 MpÃxeles con posibilidades de fotografÃa
macro, cámara frontal de 32 MpÃxeles, conectividade 5G e Wi-Fi 6 e unha baterÃa
de 4.200 mAh con carga rápida de 30 watts e carga sen fÃos de 5 watts. Tamén
ten resistencia IP52 (poderiamos considerar que repele a auga), NFC e un
acabado en pel sintética a escoller entre 3 cores distintas. Espérase que saia
á venda a mediados de xullo a un prezo de 899 euros.
Máis atractivo é o Motorola
Razr 40 Ultra, que aparte da súa pantalla encartable pOLED de 6,9 polgadas
sorprende ao estar equipado cunha pantalla externa de 3,6 polgadas, polo que serÃa
o móbil neste formato que máis seriamente apostarÃa pola súa pantalla externa (na
que corren case todas as aplicacións de Android sen problema). Desta volta a
cámara principal é de 12 MpÃxeles, o grande angular de 13 MpÃxeles (con macro)
e a cámara frontal de 32 MpÃxeles; véndese
con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento a un prezo de 1.199 euros, e está
equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1 (ou sexa, un alta gama de
finais do ano pasado), e a súa baterÃa de 3.800 mAh conta con carga rápida de
30 watts e carga sen fÃos de 5 watts. Estamos ante un smartphone que grazas a
equiparse cunha pantalla externa de grande tamaño pode mudar o xeito no que
vexamos este formato de teléfono, xa que até agora tiñamos a percepción de que
eran como un teléfono de cuncha (con tapa) e coa pantalla externa de 3,6
polgadas permite unha serie de uso co móbil pechado que achegan unha flexibilidade
moi grande.
- A xenerosa pantalla externa do Motorola Razr 40 Ultra supón un importante cambio ao xeito de ver este tipo de terminais