Motorola presenta un móbil con grande baterÃa e outro con stylus
venres, 7 de febreiro do 2020
Motorola presentou hoxe o seu novo smartphone Moto G8 Power,
que como ben deixa ver o seu nome, trátase dun dispositivo que destaca pola súa
grande autonomÃa, aÃnda que tampouco esquece contar cunha cámara cuádrupla e unha
versión moi limpa de Android 10 (algo que agradecen moitos usuarios).
Este novo teléfono da familia Moto G, que vén de superar os 100 millóns de
dispositivos vendidos, ten unha pantalla de 6,4 polgadas con resolución Full HD+
e un orificio para unha cámara frontal de 16 MpÃxeles; está equipado cun
procesador Qualcomm Snapdragon 665, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas microSD.
A cámara traseira cuádrupla ten un sensor principal de 16 MpÃxeles, obxectivos
ultra gran angular e teleobxectivo de 8 MpÃxeles e un macro de 2 MpÃxeles,
conseguindo asà bastante versatilidade, aÃnda que o punto máis forte deste
dispositivo é a súa baterÃa de 5.000 mAh, que promete aguantar dous dÃas
completos cunha única carga (ou ser capaz de reproducir música 188 horas seguidas
ou reproducir vÃdeo durante 21 horas).
Este novo smartphone chegará a España en marzo a un prezo de 249 euros.
VÃdeo promocional do Moto G8 Power
Un smartphone económico con stylus
Outro smartphone presentado por Motorola hoxe, do que
aÃnda non se ten data de chegada a España, e que probablemente teña un prezo de
299 euros, é o Moto
G Stylus, que incorpora un lapis dixitalizador, accesorio que habitualmente
só teñen teléfonos da familia Note de Samsung (que parte dun prezo oficial de
609 euros para a súa versión Lite), polo que este móbil resultará moi atractivo
para quen queira tomar anotacións ou realizar bosquexos no seu smartphone sen
ter que realizar un grande investimento.
Este teléfono integra un procesador Qualcomm Snapdragon 665, 4 GB de RAM, 128
GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512
GB), pantalla Full HD+ de 6,4 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor
principal de 48 MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles e baterÃa de 4.000 mAh
con carga rápida de 10 watts.
Temos aquà un smartphone que, sen ter unhas grandes prestacións, resultará moi
atractivo para quen considera práctico o uso dun lapis dixitalizador.