Movistar Fusión incrementará a velocidade da súa fibra óptica

venres, 27 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Movistar vén de anunciar que a partir do 12 de xaneiro incrementará a velocidade da súa fibra óptica de 600 Mbps até 1 Gbps simétrico, o que case supón dobrar a velocidade de descarga, mentres que os clientes con tarifas de 100 Mbps pasarán a gozar de conexións a 300 Mbps.
Dende a compañía lembran que a súa fibra vén mellorando a súa velocidade dende 2015, cando pasaron as conexións de 100 Mbps a 300 Mbps; estreando as conexións simétricas en 2016 e levando as conexións de 300 Mbps a 600 Mbps en 2018; polo que este sería un avance máis na mesma dirección.
Os usuarios que queiran gozar desta nova velocidade poderán activala dende a aplicación móbil de Mi Movistar ou a través da páxina web da compañía a partir do 12 de xaneiro, mentres que os novos clientes xa recibirán a nova velocidade no momento da súa alta.
Estes cambios de velocidade corresponden aos clientes das tarifas Fusión, que mudarán de prezo a partir do 18 de xaneiro, cun incremento de 2 euros na cota mensual de Fusión 0 e de 3 euros ao mes para o resto de tarifas.

PUBLICIDADE