Movistar Plus+ en alta definición pode contratarse por 9,99 euros/mes
luns, 3 de xuño do 2024
O ano pasado a plataforma audiovisual de Movistar reformulouse, pasando a ofrecer o seu paquete básico a clientes de calquera operador a un prezo de 14 euros/mes, estando asà dispoñible a través de dispositivos móbiles, televisores conectados e vÃa web.
Agora Movistar Plus+ volve transformar a súa oferta, facendo máis agresivo o seu prezo a cambio dunha redución de calidade (detalle imperceptible para a meirande parte dos usuarios) de xeito que agora a subscrición pasa a custar 9,99 euros/mes ofrecendo vÃdeo en alta definición, o que supón un importante aforro fronte ao plan con vÃdeo en 4K (en só algúns contidos) por 14 euros/mes.
Non só a diferenza de prezo entre os plans de Movistar Plus+ son substanciais, senón que manter un prezo por debaixo da barreira dos 10 euros pode ser un importante reclamo para un plan que achega cine, series, fútbol, deportes, documentais e máis de 80 canles con 2 reproducións simultáneas.
- Por 9,99 euros/mes Movistar Plus+ mantén a súa ampla oferta audiovisual, limitando a resolución do vÃdeo a alta definición