Movistar Plus+ perde 14 canles en xaneiro
luns, 16 de decembro do 2024
Co comezo de 2025 os clientes de Movistar non só van experimentar a habitual suba de prezos, senón que tamén verán un cambio significativo na súa oferta audiovisual, coa desaparición de 14 canles premium que formaban parte do seu catálogo dende hai moitos anos, e que agora xa non estarán dispoñibles a través de Movistar Plus+ (incluso para clientes doutros operadores que teñan contratado tal paquete).
As canles que deixarán de estar dispoñibles a partir do 1 de xaneiro de 2025 serán Canal Hollywood, Enfamilia, Canal Cocina, Canal Historia e Canal Decasa, que estaban incluÃdos nos paquetes básicos, aos que se sumarán tamén varias canles dispoñibles en paquetes de subscrición superiores: AMC, AMC Crime, Dark, Odisea, Sundance TV, AMC Break, XTRM, ¡Buenviaje! e Somos.
Estas canles pertencen todas a AMC Networks, e como alternativa para os consumidores que queiran seguir a consumir os seus contidos, existe a posibilidade de contratalos mediante subscrición a través de Prime Video como AMC Selekt a un prezo de 3,99 euros/mes.