Movistar comercializa un amplificador WiFi 6 aproveitar mellor a banda larga no fogar
mércores, 2 de decembro do 2020
Ante a previsión de que a primeiros de xaneiro vai
incrementar a velocidade da súa fibra óptica até 1 Gbps, Movistar incorpora ao seu catálogo de produtos para o
ámbito doméstico o amplificador
Smart WiFi 6, un dispositivo que permite mellorar a cobertura da rede sen
fíos do fogar (até un 30%) grazas principalmente á adopción da última
tecnoloxía Wi-Fi á vez que tamén incrementa as velocidades de transferencia,
para que os dispositivos sen fíos poidan aproveitar a velocidade da banda larga
fixa.
Este novo amplificador en un prezo para o usuario de 129 euros e supón unha
importante mellor fronte ao anterior amplificador comercializado por Movistar
(con WiFi 5) xa que agora conta cunha configuración de 12 antenas internas,
achega velocidades de conexión de até 4 Gbps, pode mover até 4 veces máis
tráfico de datos, fai uso do protocolo WPA3 (para garantir a súa seguridade) e
está optimizado para asegurar o consumo mínimo de enerxía dos dispositivos
conectados.
Este dispositivo autoinstalable pode empregarse como punto de acceso para crear
unha Wi-Fi para o fogar, substituíndo así o sinal Wi-Fi do router (ou
amplificador conta con 2 portos Ethernet para facilitar a conexión por cable co
router sen perder un porto Ethernet), ou tamén como repetidor (o que permitiría
mellorar o alcance da rede). Pode xestionarse dende a aplicación móbil Smart
WiFi.
Cómpre advertir de que existen moitas alternativas a este produto no mercado a
prezos máis competitivos e con maiores prestacións, á vez que tamén é convinte
salientar que para poder aproveitar este produto temos que ter dispositivos bastante
recentes que conten con conectividade WiFi 6, o que no caso dos móbiles
limítase practicamente a smartphones de alta gama adquiridos no último ano.