Movistar dobrará a velocidade da súa fibra óptica o 20 de maio

venres, 27 de abril do 2018 Marcus Fernández

O vindeiro 20 de maio Movistar mellorará as velocidades das súas conexións de fibra óptica até o fogar, de xeito que as conexións de 50 Mbps pasarán a 100 Mbps e as de 300 Mbps pasarán a 600 Mbps, sen custo adicional para o cliente, de xeito que os novos clientes a partires da data mencionada xa terán como velocidade normal o dobre do que se ten actualmente.
Pero este cambio de velocidade será paulatino para os clientes actuais, de xeito que non chegará a todos os clientes a un tempo, pero dende Movistar veñen de informar dunha excelente medida dirixida aos máis impacientes: os usuarios que o desexen, se a partires do 20 de maio queren gozar da nova velocidade poderán solicitalo a través da páxina web da compañía, nunha tenda Movistar ou por vía telefónica, e a súa conexión de fibra óptica dobrará a velocidade de xeito inmediato.

PUBLICIDADE