Movistar estende a súa fibra óptica en Antas de Ulla

venres, 25 de novembro do 2022 S. P.

Movistar despregou a súa Fibra Óptica até o Hogar (FTTH) en tres núcleos de poboación do concello lucense Antas de Ulla, o que “permitirá á poboación deste municipio gozar desta avanzada infraestrutura de comunicación”, explicou a operadora, engadindo que as localidades onde se traballou son as de Suar, Casa de Naia e Fondevila, onde se sitúan as 58 unidades inmobiliarias conectadas, que supoñen máis o 50% de todas as vivendas do concello.
Grazas á fibra óptica de Movistar os fogares acabados de conectar en Antas de Ulla poderán gozar de voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, explica a operadora, “se o usuario dispón de MovistarPlus, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede”.

PUBLICIDADE