Movistar estende a súa fibra óptica en Pontedeume

mércores, 30 de novembro do 2022 S. P.

A operadora Movistar fixo balance dos seus traballos recentes en Pontedeume e das súas previsións de cobertura en materia de Internet ultrarrápida. Segundo fixo saber a compañía, esta despregou a súa Fibra Óptica até o Hogar (FTTH polas súas siglas en inglés) no núcleo de poboación de Ver, en Pontedeume, o que permitiu que 195 unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. A conexión destas novas unidades inmobiliarias supón ter cubertas máis do 75% de todas as vivendas do municipio, explicou Movistar no seu balance.
A operadora engadiu que grazas a estes traballos “os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes”. Ademais, engadiu, “se o usuario dispón de MovistarPlus terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede”.

PUBLICIDADE