Movistar leva a súa rede 5G na banda dos 3.500 MHz a 101 concellos galegos

luns, 8 de xullo do 2024 Redacción

A despregadura de 5G na banda dos 3.500 MHz, ofrecida aos clientes Movistar e O2 como 5G+, ofrece altas velocidades e baixa latencia, o que optimiza a experiencia móbil, ademais de incrementar a calidade de rede, chega xa a 101 concellos galegos.
Paralelamente Telefónica segue avanzando en Galicia na implantación da banda de 700 MHz, presente xa en 235 concellos, e que achega unha maior penetración en interiores. A poboación que vive nestes concellos supón o 96% do total da poboación galega.
A despregadura en Galicia forma parte dun grande traballo de implantación destas tecnoloxías no conxunto do Estado. Así, na banda dos 3.500 MHz chegouse xa en España a máis de 1.000 concellos, e a máis de 3.000 na banda dos 700 MHz, dando cobertura da rede 5G ao 89% da poboación española.
Esta cobertura apóiase sobre unha rede de fibra con preto de 30 millóns de unidades inmobiliarias. Trátase dunha infraestrutura robusta e única en España, capaz de soportar con folgura a creación de servizos e a xestión dun crecente volume de datos, aspectos fundamentais no proceso de dixitalización da sociedade e das empresas españolas.

PUBLICIDADE