Movistar leva a súa 5G de 700 MHz ás comarcas do Val Miñor e de Ferrol
xoves, 25 de maio do 2023- Vista aérea da comarca de Ferrolterra
A operadora Movistar vén de anunciar a despregadura da comunicación
5G de 700 MHz en toda a comarca do Val Miñor e na comarca de Ferrol.
Con este servizo Movistar achega maior penetración en interiores e
universaliza algunhas das caracterÃsticas das comunicacións 5G,
como a baixa latencia.
Despregouse esta tecnoloxÃa en 45 municipios da provincia de
Pontevedra e 178 en toda Galicia.
Indo por partes, tres
concellos da comarca do Val Miñor: Baiona, Nigrán e Gondomar,
contan xa con cobertura da 5G de 700 MHz de Movistar, que continúa o
subministro de nodos para chegar coa súa ultra banda ancha móbil ás
máis de 45.000 persoas que viven nesta penÃnsula, cuxa poboación
aumenta na tempada estival. AsÃ, na provincia de Pontevedra,
Movistar despregou xa a súa 5G de 700 MHz en 45 municipios, que se
elevan a 178 no conxunto de Galicia. O obxectivo da compañÃa é que
ao terminar 2024 todo o territorio galego conte con ultra banda
ancha, xa sexa por fibra óptica ou por 5G.
En canto á provincia da Coruña, Movistar despregou esta tecnoloxÃa
en 65 municipios desta provincia en toda Galicia, que se elevan a 178
no seu conxunto. Os seis
concellos da comarca de Ferrol: Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón
e Neda, contan xa con cobertura da 5G de 700 MHz de
Movistar, que continúa a súa despregadura de nodos para chegar coa
súa ultra banda ancha móbil ás máis de 1302.000 persoas que viven
nesta penÃnsula, cuxa poboación aumenta no verán.
A banda de 700 MHz, tamén
chamada banda baixa, ten unha maior penetración en interiores e
universaliza algunhas das caracterÃsticas das comunicacións 5G,
como é a baixa latencia. É o complemento para a banda de 3,5 GHz na
que tamén opera Movistar, axeitada para servizos que precisan de
alta velocidade de transmisión, aÃnda que o seu alcance é menor e
atravesa peor os atrancos, como as paredes dos edificios, algo que si
posibilita o sinal na banda de 700 MHz.