Movistar limita a comercialización de liñas de prepagamento ás tendas físicas

xoves, 26 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Até hai pouco a páxina web de Movistar ofrecía as tarifas de prepagamento Plus, Premium, Total e Habla 6, pero se a visitamos agora atopamos con que nos remiten ás tendas físicas de Movistar, dando a entender que a compañía non ten interese en promocionar este tipo de tarifas, así como tamén quere evitar a problemática da súa contratación remota (xa que é obrigatorio identificar ao seu titular).
Actualmente Movistar conta cuns 686 mil clientes de prepagamento, de xeito que a compañía tería menos liñas deste tipo que MásOrange e Vodafone, polo que non semella que teña interese en apostar por este tipo de tarifas, por resultar preferibles as liñas de contrato, que non dependen das recargas que realice o usuario, polo que supoñen un fluxo económico estable e constante para as compañías.