Movistar mellora a velocidade de envío da súa Internet móbil

venres, 27 de xullo do 2007

Telefónica vén de actualizar o software de HSUPA que permite incrementar a velocidade de envío mediante tecnoloxía HSPA (a coñecida informalmente coma 3,5 G) ata os 1,4 Mbps o que xunto coa velocidade de recepción de ata 3,6 Mbps fan posible unha auténtica banda larga móbil.
Dende Movistar consideran que esta actualización da súa solución HSPA podería chamarse “3,5 G Plus” e comentan que nun par de anos poderían pasar a velocidades de 14 Mbps de descarga e 2 Mbps de envío.
A ampliación actual chegará a tódalas capitais de provincia en 2008.

PUBLICIDADE