Movistar ofrecerá fibra óptica a 300 Mbps simétricos nos vindeiros meses
xoves, 3 de setembro do 2015
No marco da 29ª edición do
Encontro de Telecomunicacións e Economía Dixital organizado por AMETIC en
Santander, o presidente de Telefónica, Luis Miguel Gilpérez, anunciou un
paso chave no compromiso da súa compañía coa dixitalización de España que
suporá que no ano 2020 o 97% dos fogares poidan contar con cobertura de fibra
óptica e practicamente o 100% da poboación poida acceder a redes de telefonía
móbil 4G “sempre que o modelo regulatorio manteña o apoio á competencia en
infraestruturas e continúe primando o investimento e a innovación”.
Aínda que este obxectivo de Telefónica non é ningunha sorpresa, xa que é a
estratexia que leva seguindo a compañía nos últimos meses, de xeito que
pretende pechar o ano con preto de 14 millóns de unidades inmobiliarias pasadas
con fibra e unha rede móbil avanzada que chega ao 87% da poboación, Gilpérez si
fixo un importante anuncio na xornada celebrada na UIMP: a
rede de fibra óptica de Movistar ofrecerá 300 Mbps reais tanto de baixada como
de subida, conseguindo as velocidades máis altas do mercado, coa maior
calidade e prestacións. Esta conectividade implementarase na rede de Movistar
en España nos vindeiros meses.
O máximo responsable de Telefónica tamén salientou a forte aposta da súa
compañía pola televisión, asegurando que continuará a face evolucionar Movista+,
para o que ampliará a oferta de contidos diferenciais da máis alta calidade. En
breve, Movistar+ estreará un recomendador
que facilitará a busca de contidos afíns ao cliente, sumándose así a
prestacións como canles en alta definición, gravación en rede ou a
multi-pantalla.
Escolma en vídeo da intervención de Luis Miguel Gilpérez no encontro organizado por AMETIC
