Movistar publica o seu mapa de cobertura 5G
martes, 28 de novembro do 2023
Cando
temos que elixir a compañÃa de telefonÃa móbil máis axeitada resulta moi
práctico poder consultar mapas de cobertura para saber se teremos un bo servizo
coas empresas entre as que estamos a elixir, e agora temos a fortuna de que
Movistar decidiu actualizar o seu mapa de
cobertura móbil, deixando de destacar a cobertura que chamaban 4G+ e
pasando a amosar no mapa a cobertura 5G.
Deste xeito podemos saber os lugares aos que chega a conectividade móbil máis
moderna, que aÃnda que polo momento non ofreza as grandes capacidades
prometidas (xa que segue dependendo en case todo o territorio de infraestruturas
4G) supón unha garantÃa de cobertura a longo prazo.
Actualmente tamén teñen mapa de cobertura 5G os operadores Vodafone,
Orange e MásMóvil, polo que na
práctica podemos con bastante precisión con que compañÃa hai boa cobertura en
cada punto do noso territorio. Cómpre salientar que no caso de Orange
detállanse as zonas con cobertura de 5G SA, que serÃan os puntos nos que maior
proveito poderÃa tirar ás conexións 5G, gozando principalmente dunha menor
latencia, o que supón unha importante mellor na experiencia de uso.