Movistar reforza a súa rede móbil en Ribadavia con motivo da Festa da Istoria
xoves, 24 de agosto do 2023
Movistar
anunciou que vai reforzar cunha unidade móbil a cobertura da rede de
Ribadavia con motivo da Festa da Istoria, que se celebra entre
mañá este 25 e o sábado 26 de agosto, e congregará, segundo
lembra a operadora de telecomunicacións, a milleiros de visitantes.
A compañía quere dar resposta ao incremento da demanda de voz e
datos prevista durante o evento, motivada pola afluencia masiva de
turistas, así como polo uso cada vez máis intensivo de dispositivos
móbiles, “o que xerou un crecemento exponencial do tráfico de
datos nos últimos anos”, explica.
Ademais
e “para garantir a conectividade durante o verán”, a empresa
recorda que ampliou a súa cobertura 5G en zonas costeiras e de
interior con gran concorrencia de visitantes en datas estivais.
Movistar foi quen de pechar o primeiro semestre de 2023 en Galicia
con preto de 300 municipios con cobertura 5G tanto na banda de 3.500
megahercios (MHz), que permite ofrecer os servizos máis avanzados
cunha moi baixa latencia, como na de 700, “con máis capacidade de
penetración no interior de vivendas”, explica a operadora,
engadindo que en conxunto, “a nosa tecnoloxía 5G cobre xa a máis
do 85% da poboación española e o seu obxectivo é dotar de ultras
banda larga (fibra e/ou 5G) a todo o territorio galego nos dous
próximos anos”.