Movistar renova o seu repetidor Wi-Fi
luns, 5 de febreiro do 2018
Para ter unha boa cobertura de Internet sen fÃos no fogar é
habitual ter que empregar repetidores Wi-Fi, e para satisfacer a demanda deste
tipo de produtos Movistar vén de incorporar ao seu catálogo un dispositivo que
venden como Amplificador
Smart WiFi, que como novidade fronte a produtos anteriores vendidos pola operadora
de telecomunicacións inclúe conectividade na banda dos 5 GHz (cando os anteriores
repetidores só soportaban conexións na banda dos 2,4 GHz) facilitando asà o uso
de frecuencias menos saturadas con dispositivos compatibles.
O novo repetidor Wi-Fi de Movistar permite mellorar a cobertura da rede Wi-Fi
do fogar sen ter que empregar cables, podendo aproveitarse tamén para dotar de
conectividade na banda dos 5 GHz a routers que funcionen só na banda dos 2,4
GHz. O seu prezo de venda é de 50 euros, aos que hai que engadir 7,30 euros de
gastos de envÃo. O produto é autoinstalable (aÃnda que de precisar dun técnico
para a súa instalación haberá que pagar 50 euros en concepto de man de obra).