Movistar triplicará a velocidade da súa fibra óptica
luns, 23 de marzo do 2015
Tras un grande espallamento das súas conexións de fibra
óptica polo territorio español, Movistar prepárase para actualizar a súa oferta
de acceso á Rede incrementando a súa velocidade, de xeito que as conexións de
maior capacidade actual, con 100 Mbps de baixada e 10 Mbps de subida triplicarÃan
ambos parámetros (mellora da que tamén gozarÃan as conexións de 10/1 Mbps) posiblemente
sen custo adicional, aÃnda que dende o diario Expansión destacan que o
incremento de velocidade vén acompañado tamén dunha suba de prezos, que se
situarÃa no contorno dos 5 euros para todos os produtos de Movistar Fusión.
O diario El PaÃs, pola súa banda, apostila que este movemento virá acompañado
dun compromiso comercial da operadora de migrar aos clientes de ADSL a fibra
óptica sen custo en canto a nova rede estea dispoñible no seu domicilio.
Actualmente Telefónica chegarÃa coa súa rede FTTH a 10,3 millóns de fogares, e
pretende chegar a outros 3,6 millóns durante o presente ano, de xeito que a ameaza da compañÃa
de frear o seu investimento en redes de fibra óptica como medida de presión
para evitar que a CNMC force ao operadora a compartir as súas infraestruturas
de fibra quedarÃa nun farol.
Coa nova estrutura de velocidades Movistar superarÃa sobradamente a velocidade
de descarga a través de FTTH do resto de competidores (que fixaron en 200 Mbps
a velocidade máxima para usuarios particulares), aÃnda que non serÃa asà na
velocidade de subida, xa que en vez de limitarse a 30 Mbps, tanto Orange como
Jazztel chegan a ofrecer velocidades de 200 Mbps xa que as súas conexións gozan
de modalidade simétrica, aÃnda que as súas coberturas aÃnda son moi limitadas.