Multa a Google por inserir publicidade en Gmail
xoves, 4 de setembro do 2025
A Comisión Nacional de Informática e Liberdades (CNIL), a autoridade francesa de protección de datos, impuxo o 1 de setembro unha sanción histórica de 325 millóns de euros a Google por vulnerar a lexislación francesa en materia de privacidade e publicidade electrónica.
Segundo a resolución do comité restrinxido da CNIL, as investigacións iniciadas tras unha denuncia presentada pola organización None Of Your Business (NOYB) en agosto de 2022 permitiron comprobar dúas prácticas ilegais. Por unha banda, a inserción de anuncios en forma de correos electrónicos dentro das lapelas Promocións e Social de Gmail, sen que os usuarios tivesen dado o seu consentimento. Por outra, a imposición de cookies publicitarias durante o proceso de creación dunha conta de Google, sen que os internautas recibisen unha información clara e completa sobre a súa finalidade.
A CNIL considerou que estes anuncios constitúen comunicación comercial directa e, polo tanto, requiren autorización previa dos usuarios segundo o Código de Correos e Comunicacións Electrónicas de Francia. Tamén constatou que, ata outubro de 2023, a ruta de creación dunha conta favorecÃa aceptar a personalización publicitaria fronte á opción de anuncios xenéricos, facendo máis difÃcil a negativa e ocultando que a aceptación de cookies era condición indispensable para acceder aos servizos de Google.
A multa reparte 200 millóns de euros a Google LLC (sede en California) e 125 millóns a Google Ireland Limited, responsable da xestión dos produtos da compañÃa na Unión Europea. Ademais, a CNIL ordenou que en seis meses a empresa deixe de mostrar anuncios entre correos de Gmail sen consentimento previo e que garanta unha recollida válida do consentimento para cookies publicitarias. De non facelo, Google afrontará unha penalización adicional de 100.000 euros diarios.
O organismo francés xustificou a severidade da sanción pola magnitude da infracción: máis de 74 millóns de contas creadas en Francia vÃronse afectadas, das cales 53 millóns chegaron a recibir os anuncios en cuestión. Tamén tivo en conta a posición dominante de Google no mercado da publicidade en liña e o feito de que xa fora sancionada anteriormente, en 2020 e 2021, por incumprimentos relacionados co uso de cookies.
