Musk ofrece 97.400 millóns de dólares por OpenAI
luns, 10 de febreiro do 2025
- Sam Altman conversando con Elon Musk en 2016
The Wall Street Journal asegura que un equipo de investidores liderado por Elon Musk presentou unha oferta de 97.400 millóns de dólares para mercar OpenAI, atribuÃndo tal información ao avogado de Musk, Marc Toberoff. Falamos dunha oferta non solicitada, que pode verse como un ataque máis de Musk a OpenAI, compañÃa á que o multimillonario ten un profundo rancor por non ter conseguido facerse co control da mesma pouco despois da súa fundación.
Toberrof asegurou a The Wall Street Journal que «é hora de que OpenAI volva ser a forza centrada na seguridade e no código aberto que foi no seu dÃa», na liña do que Musk declarou publicamente nos últimos meses.
A esta desorbitada proposta, o máximo responsable de OpenAI, Sam Altman, respondeu publicamente a través de X cun claro «non, grazas», engadindo unha proposta de compra de Twitter por 9.740 millóns de dólares, deixando claro o pouco serÃa que ve a oferta do equipo de Musk.