NBA 2K24 sairá á venda en setembro
venres, 7 de xullo do 2023
2K anunciou que o
xogo NBA 2K24 sairá á venda
o vindeiro 8 de setembro confirmando un detalle moi de agradecer: os xogadores
de consolas PlayStation 5 e Xbox Series X|S poderán gozar de xogo cruzado. Temos
asà que os usuarios de consola de todo o mundo poderán competir con ou contra
outros xogadores con independencia da consola de nova xeración que empreguen.
O xogo contará cos modos de xogo inmersivos Mi CARRERA, MyTEAM e Mi
NBA entre outros, e promete permitir recrear as xogadas máis icónicas de
Kobe Bryant, xogador que aparece na portada de varias das edicións do xogo. A
edición Kobe Bryant do xogo véndese a 59,99 euros para PC e Switch, 69,99 euros
para consolas da anterior xeración e 79,99 euros para consolas de nova
xeración, estando tamén dispoñibles versións máis caras, que inclúen máis
contidos, entre as que destaca a Edición 25º aniversario, que aparte de moitos
contidos para o xogo tamén inclúe unha subscrición de 12 meses a NBA League
Pass (servizo valorado en 14,99 euros/mes).
VÃdeo co que anuncian que NBA 2K24 terá xogo cruzado en consolas de nova xeración